Mino Mora

En 1987, nace en Poio (Pontevedra) a empresa de moda Mino Mora. Unha firma pensada para unha muller actual, atractiva e natural.

A marca que sempre reflectiu a través das súas pezas o equilibrio perfecto entre o moderno e o clásico, presenta as súas coleccións nas prestixiosas feiras de moda realizadas en cidades como Madrid, París, Moscú e Düsseldorf na actualidade.

Os coñecementos adquiridos polo deseñador ao longo dos anos achegaron ao conxunto de profesionais que compoñen o equipo humano da marca unha visión global do proceso de creación, converténdonos nos mellores críticos do noso propio traballo.

Nos seus máis de vintecinco anos de vinculación ao mundo da moda, a firma conseguiu a fidelización dos seus clientes e o recoñecemento de profesionais e medios do sector.

Participación en Ferias: MOMAD Metrópolis Ifema Paris, Who's next Feria de Paris, CPM Collection Premiere Moscow e The Gallery Düsseldorf.

Red Comercial

Actualmente a marca Mino Mora está presente no mercado nacional e internacional.

Aínda que debido á súa situación España é o noso mercado máis tradicional, contamos coa nosa propia rede comercial en países como Francia, Italia, Rusia ou México e atopámonos en constante proceso de expansión chegando a novos públicos interesados nas nosas coleccións.

Filosofía

Dende os nosos inicios en 1987, tivemos claro que unha das claves para crear coleccións de éxito pasaba polo coñecemento do noso público. Soamente coñecendo á muller do momento podía deseñarse roupa para ela. Esta premisa leva consigo unha constante aposta pola renovación, adaptando cada colección ao momento actual.

O deseño foi outro dos puntos fortes que impulsaron á marca Mino Mora ao lugar que agora ocupa. En continua aposta por prendas que reflictan as últimas tendencias, sempre tivemos presente que a roupa convértese nunha forma de expresión da muller activa e traballadora que busca elegancia sen prescindir da súa naturalidade.

Para rematar, a calidade foi e será o selo de identidade da nosa firma. Característica visible nas súas coleccións, froito dun exhaustivo seguimento de todo o proceso de produción, dende a selección dos tecidos ata os acabados. Todo iso posible grazas á máis moderna tecnoloxía de deseño e confección.

Programa FEDER

Esta empresa participa no Programa Galicia Exporta Empresas 2016
Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Programa Galicia Exporta Empresas 2016

Como apoio ao proceso de internacionalización, MINO MORA, S.L. ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Empresas 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020.

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa

O obxectivo principal do Programa Galicia Exporta Empresas 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.